O noso heroe volve á casa.
O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América.
Temática: Identidade, memoria e territorio
Esta acción/programa forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Museo-Fortaleza San Paio de Narla |
Dende o 10/09/2022
Presencial
Camiñamos destapando novas historias soterradas. Neste caso o Museo Fortaleza San Paio de Narla incorpora aos seus contidos a memoria do neno Juan Antonio, natural de Xiá, concello de Friol, quen xunto cos seus compañeiros de expedición cara a América que tivo lugar a principios do século XIX foron “o máis vital elemento” na campaña para erradicar a varíola en todo o mundo. Proxecto comisariado por Antonio López Mariño coa coordinación da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago González.
O día 10 de septembro dende ás 17:30 realizaranse dous obradoiros que tratarán de axudar dar visibilidade aos relatos das clases populares máis humildes.
–O legado dunha historia
Para familias. Debuxaremos en banda deseñada a historia dos 20 da varíola. Elaboraremos unha liña do tempo na que contextualizar aquela aventura.
–Heroínas con pinceis
Para todos os públicos. Plasmaremos en láminas a aventura protagonizada por Juan Antonio, e a das compañeiras e compañeiros que a fixeron posible.
Galería
Tamén lle pode interesar
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL Día Mundial da Visión e o Día Mundial