O torques de Burela en 3D
Esta proposta forma parte de: Pezas en 3d
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cronoloxía: cultura castrexa, séculos III – I a.C.
Orixe: Burela.
Material: ouro.
Peso: 1.812 g.
Exposto en: Museo Provincial de Lugo
TORQUES DE BURELA
Este torques foi dado a canecer en 1954 por don Xosé Trapero Pardo e pasou a formar parte posteriormente da colección de don Alvaro Gil Várela e dos fondos do Museo de Lugo o 27 de febreiro de 1974.
Trátase dun colar ríxido adscrito morfoloxicamente ao tipo asturnorgalaico. Está composto por unha barra, de ouro moi puro, de sección circular no tramo central e heptagonal nos terzos laterais, recubertos de arames envoltos, convexos polo exterior e planos na súa cara interna, presentando 24 espiráis nun terzo e 22 no outro. O tramo central circular presenta un traballo de filigrana aplicada de sete fíos soldados á barra, que delimitan seis bandas paralelas decoradas con dous fíos entrelazados formando oitos.
Os remates combinan un tronco de cono e unha escocia, e non teñen decoración. No seu plano superior presentan dúas perforacións. Tamén ten unha marca en forma de “X” no terzo central da barrra polo interior, marca que parece ser moderna.
Esta peza, atopada casualmente mentres se realizaban labores agrícolas, e confundida nun principio coa asa dun arcón, destaca polas súas dimensións e peso (1. 812 g), pouco frecuente neste tipo de xoia, o que fai pensar na imposibilidade de poñela no pescozo, o que nos leva a cuestionar a súa utilización como colar. Polo que se ere que o seu uso se limitaría a actos especiáis como símbolo de poder e estatus social; ou ben, como xoia de carácter votivo a modo de ofrenda de connotacións relixiosas ou máxicas.
Os seus paralelos máis importantes son o torques de Marzán e o do castro da Recadieira II, tamén depositados no Museo de Lugo, pero o seu peso e a calidade do ouro son moi inferiores
Mª Ofelia Carnero Vázquez
Cartafol do Museo. Guía gráfica do Museo Provincial de Lugo (2007). Lámina XXV
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Santa Catarina
Santa Catarina Público: Profesionais de museos e investigadoras Esta