Obras convidadas do Museo de Pontevedra

Castelao

Dende o 08/07/2026 ata o 31/12/2026

O vindeiro 8 de xullo, ás 19:00 h, terá lugar a inauguración do proxecto “Obras convidadas do Museo de Pontevedra” na sala 25 (monográfica de Castelao) do Museo Provincial de Lugo, que contará coa asistencia dos responsables de ambas institucións.

Trátase dun programa de colaboración institucional entre o MPL e o Museo de Pontevedra que ten por obxectivo establecer diálogos entre as coleccións dos dous centros. Nesta primeira parte da iniciativa, que terá continuidade con futuros préstamos, procurouse a dinamización da sala de Castelao do MPL mediante a substitución de cinco pezas da exposición estable por outras cinco facilitadas polo MP.

Ademais, ao abeiro desta mostra, levarase a cabo en setembro a III Xornada dedicada á vixencia de Castelao.

Comparte nas túas redes