Obras convidadas do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía

No marco de colaboración institucional entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e o Museo Provincial de Lugo inaugúrase unha mostra de obras convidadas do MNCARS que esta institución deposita temporalmente en Lugo, por primeira vez, para expoñer na sala 14 do MPL entre outubro de 2025 e marzo do 2026.

Esta exposición coincidirá no tempo co período de préstamo de cinco pinturas de Maruja Mallo para a exposición retrospectiva titulada “Maruja Mallo. Máscara e compás” que terá lugar no MNCARS a partir do vindeiro 7 de outubro e ata o 16 de marzo de 2026.

As obras convidadas que agora presentamos, foron seleccionadas en función do contexto cronolóxico-cultural das pinturas de Maruja Mallo, así Julia Minguillón é outra artista galega coetánea representada cunha pintura datada en 1934 que foi 3ª medalla na Exposición Nacional de Belas Artes. Benjamín Palencia aparece na mostra pola súa vinculación coas vangardas e o surrealismo e Victoria Malinowska desde a óptica doutra pintora de orixe ruso pero integrada no círculo artístico madrileño das primeiras décadas do século pasado.

As tres pinturas están en Lugo por primeira vez e son tamén unha oportunidade para contextualizar a Maruja Mallo dentro da historia da arte no primeiro terzo do século XX así como para continuar a cordial colaboura museística entre ambos centros.

Lembramos que o MNCARS ten depositado no MPL 16 pinturas e esculturas que poden verse na exposición permanente acotío:

ÁLBUM: Depósitos do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía no Museo Provincial de Lugo

Os depósitos do MNCARS no Museo Provincial de Lugo

Ficha técnica das obras:

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. © Archivo Fotográfico Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.


Título: Jesús, Marta y María
Autora: Minguillón Iglesias, Julia (Lugo, 1907-Madrid,
1965)
Medidas: 226 x 165 cm / Con marco 232 x 171 cm
Soporte: Táboa
Técnica: Óleo
Datación: Ca. 1934

Título: Humos helados / Paisaje abstracto / Paisaje
Autor: Palencia Pérez, Benjamín (Barrax, Albacete, 1894-Madrid, 1980)
Medidas: 65 x 90 cm / Con marco 72,7 x 97,8 cm
Soporte: Lenzo
Técnica: Óleo , Area
Datación: 1930

Título: Florero
Autor: Malinowska, Victoria (Polonia, 1890)
Medidas: 70 x 51 cm / Con marco 78,5 x 64,7 cm
Soporte: Lenzo
Técnica: Óleo
Datación: Ca. 1918

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes