Oficios en extinción:
A voz do último carpinteiro de Ribeira.

Temática: Identidade, memoria e territorio
Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar
Dende o 15/11/2021
13:00 h
Online
O Patrimonio cultural inmaterial, tamén chamado patrimonio vivo, está conformado polas prácticas, expresións, saberes ou técnicas transmitidos polas comunidades de xeración en xeración.
A Rede Museística Provincial de Lugo, e o Museo Provincial do Mar, sabémonos na obriga de salvagardar e protexer esta parte do noso patrimonio, xa que é o que nos proporciona a nosa identidade, contribúe á boa xestión do patrimonio natural e social , fomenta o diálogo intercultural xa que favorece á diversidade e potencia o desenvolvemento sostible.
Sumámonos pois a celebración do Día Mundial do Patrimonio, invitándovos a non esquecer o noso pasado cheo de carpinteiros de ribeira, pescantinas e mariscadoras, mariñeiros e redeiras, cazadores de balea e salgadoras de sardiña, para poder afrontar con máis fortaleza o noso futuro.
Galería
Visita virtual
Video
Enlaces de interese
Tamén pode interesarlle
Un ronsel de futuro, historias soterradas; presentada pola provincia de Lugo
Logo de estar en Bos Aires, o proxecto cinematográfico de nove capítulos chegará a Antas de Ulla, Outeiro, Barreiros, Sarria, O Courel, Lugo e moitas outras localidades.