“Pezas únicas”
do CEIP Cervo.

O Museo Provincial do Mar recibe o proxecto “Pezas únicas” do CEIP Cervo. 125 creacións artísticas do seu alumnado toman forma de marcapáxinas para celebrar connosco e cos nosos visitantes o Día das Letras Galegas. O equipo de normalización lingüística traballou coas crianzas o tema da natureza a través da arte como camino para celebrar hoxe e cada día do ano o Día das Letras Galegas.
É unha creación artística libre que ten como eixe principal o tema traballado no proxecto anual do centro. Este curso leva por nome “De azul verde. Arte e natureza”, dous elementos representativos da nosa contorna. De maneira transversal, tamén se abordan aspectos como o coidado do medio e da auga.
Cada ano cara o 17 de maio, envían estas Pezas Únicas a un espazo, tamén relacionado co proxecto, para que se encargue de repartir as pezas para celebrar o día da nosa lingua. Desta volta, desde o Museo Provincial do Mar quixemos participar desta proposta e agasalleramos con estes marcapáxinas únicos aos nosos visitantes ao longo do mes de maio (ata fin de existencias), mes no que ademais conmemoramos o Día Internacional dos Museos


