Presentación de Resurrección Haush de Anxo Muiños no Pazo de Tor

con motivo do Día Internacional do Libro

Este 23 de abril ás 19:00 h, con motivo do Día Internacional do Libro, tedes unha cita no Pazo de Tor. O autor barbancés Anxo Muiños presentará o seu último libro Resurrección Haush, a nova entrega da súa saga RIO OCEANO.

Esta actividade, aberta ao público ata completar aforo, está pensada como unha homenaxe á lectura e á creación literaria, e supón unha forma inmellorable de conmemorar o Día Internacional do Libro.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes