Presentación do novo proxecto museolóxico-museográfico de San Paio de Narla
“Soterradas, vidas e historias na busca dun contexto de xustiza social.
O vindeiro 14 de agosto ás 17:00 h, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, terá lugar a presentación do novo proxecto museolóxico-museográfico titulado “Soterradas, vidas e historias na busca dun contexto de xustiza social”. Este proxecto busca afondar nas vidas e historias esquecidas, poñendo o foco na xustiza social e na recuperación de memoria.
O acto institucional contará coa presenza de:
- Iria Castro, deputada delegada da Área de Cultura da Deputación de Lugo
- Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo
Tras o acto de presentación, dará comezo o “Asalto ao castelo pola xustiza social”, unha proposta multidisciplinar que combinará música, arte, danza, e literatura. Entre os participantes destacan: Concha Blanco, Alexandra Cabana, Luz Darriba, Carlota Pérez, Davide Salvado, María Sánchez, Roser Vernet…
Como parte desta xornada especial, tamén se ofrecerá unha visita guiada, a cargo de Simón Vicente López (coordinador científico e investigación educativa do proxecto) e Encarna Lago. Esta visita proporcionará unha visión en profundidade sobre os contidos e obxectivos do proxecto, permitindo aos asistentes conectar coas historias e realidades presentadas.