O (RE)ENCONTRO

Presentación do catálogo

Un cartel promocional para o evento "O (RE)ENCONTRO" de residencias artísticas na Rede Museística, que terá lugar do 1 ao 8 de agosto. A imaxe principal do cartel é unha vista aérea dun campo verde con dúas estruturas circulares en forma de labirinto feitas de pedra. No ceo azul, e por toda a imaxe, hai iconas de copo de neve, cada unha co nome dun artista

Durante o este verán de 2025, a Rede Museística Provincial de Lugo conmemorou o legado do seu programa de residencias artísticas “Estudio Aberto” coa celebración de “O (Re) Encontro”. Este evento especial serviu como peche simbólico a unha iniciativa que, desde a súa creación en 2013, consolidou a provincia de Lugo como un punto de referencia para a creación artística contemporánea.

Como eixo central da conmemoración, a área de Cultura presentará o catálogo “O (Re) Encontro”, unha publicación que recolle as reflexións, procesos e obras xurdidas ao longo da historia do proxecto. O acto de presentación celebrarase o venres, 12 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.

A xornada contará coa intervención de Iria Castro Fernández, deputada de Cultura, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística. Tamén participará a comisaria Paula Cabaleiro, quen achegará a súa análise sobre o desenvolvemento das residencias. Finalmente, o artista Rubén Pérez Pombo, que formou parte do programa, clausurará o acto coa performance “Babyshover”.

Comparte nas túas redes