RONSEL 100 anos despois

Presentación do catálogo

A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística,  e a Fundación VAC-AN, convida a todas e todos á presentación do catálogo da exposición Ronsel, 100 anos despois. O evento terá lugar no Museo Provincial de Lugo o mércores 2 de abril de 2025 ás 19:00 horas e contará coa presenza do comisario da mostra, D. Juan Manuel Bonet.

O catálogo é un percorrido pola historia da revista Ronsel, que viu a luz en 1924, e polo legado do seu fundador, Evaristo Correa Calderón. Esta publicación mensual, de espírito vangardista e cosmopolita, marcou un fito na cultura galega ao integrar correntes artísticas e literarias de toda Europa. Dirixida por Correa Calderón e con Álvaro Cebreiro como director artístico, Ronsel deu voz a unha nova xeración de autores e artistas comprometidos co pensamento nacionalista e a renovación cultural.

A exposición recolle unha coidada selección de obras orixinais, ilustracións e bibliografía da época, amosando a pegada que Ronsel deixou na arte e na literatura. O catálogo, ademais, permite explorar a rede de publicacións coas que a revista mantiña contacto, conectando Lugo con centros intelectuais de toda Europa. Inclúe tamén unha selección de libros escritos por colaboradores da revista ou referenciados nela, enriquecendo así o mapa cultural do seu tempo.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes