DE MONETARIA GALEGA.

Galiza e a súa moeda dende antigüidade ata os nosos días

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: 01/02/2024
ás 19.00h.

Formato: Presencial

Este xoves 1 de febreiro de 2024, ás 19:00 horas,  no Museo Provincial de Lugo presentase o libro “DE MONETARIA GALEGA. Galiza e a súa moeda dende antigüidade ata os nosos días” de Aurelia Balseiro, Pablo Núñez e Antonio Roma . O acto contará coa presenza de Iria Castro Fernández, Delegada de Cultura da Deputación de Lugo;  Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo;  Pablo Núñez Meneses,  Doutor en Historia e especialista en numismática; e Antonio Roma Valdés, Doutor en Historia e especialista en numismática.

Galería da presentación

Tamén che pode interesar

  • Obra sen título de Alberto castro couso que forma parte dos fondos en reserva do Museo Provincial

Acordanzas: Centenario do nacemento de Alberto Castro Couso

Lembramos ao pintor arxentino de orixe galega Alberto Castro Couso cando se cumpren 100 anos do seu nacemento, o 12 de marzo de 1924, en Bos Aires, cidade na que viviu ata trasladarse a Galicia en 1974. Facémolo cun repaso pola súa vida e obra e revisamos os catro cadros da súa autoría que se conservan no Museo Provincial.

Comparte nas túas redes