“VIII Xornadas de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense: Muralla romana de Lugo. ANN XXV IN TABVLA MIRABILIVM”

Presentación e apertura do prazo de inscrición

4 e 5 de abril

Prazo de inscrición: desde o 17 de marzo ata o 3 de abril

Neste ano 2025 conmemoramos o 25 aniversario da inscrición da Muralla romana de Lugo na listaxe de Bens Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A tal efecto organizamos un espazo de reflexión, debate e intercambio para analizar e avaliar a transcendencia deste ben de interese cultural dentro de aportacións multidisciplinares onde tamén se inclúe o actual papel dos social media. Unhas xornadas abertas á cidadanía para lembrar o que nos conta a nosa muralla e poñer en contacto aos axentes patrimoniais coa sociedade a prol da conservación, estudo e difusión da muralla romana de Lugo desde diversas perspectivas; sempre coa lembranza do camiño percorrido e tendo en conta, ademais, a súa importancia como espazo habitado e símbolo de identidade dunha comunidade e dun territorio.

  • Abordar, desde diferentes perspectivas, o contexto da muralla romana de Lugo.
  • Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais.
  • Visualizar estratexias de socialización, difusión e divulgación científica para un correcto coñecemento da muralla de Lugo.
  •  Contribuír ao seu estudo para xerar novos contidos e transferilos á sociedade.
  • Dar a coñecer as pezas achadas na muralla e no seu entorno que forman parte das coleccións do Museo Provincial de Lugo.
  • Integrar e relacionar a profesionais do estudo das murallas romanas da Gallaecia en redes de colaboración para interactuar conxuntamente.
  • Crear un espazo de reflexión, debate, intercambio e colaboración interdisciplinar aberto á cidadanía.
  • Comunicar o patrimonio cultural cun enfoque pluridisciplinar e sostible.
  • Promover as boas prácticas de actuación para incentivar o desenvolvemento cultural.
  • Fomentar as relacións institucionais con outras entidades académicas e culturais para establecer camiños converxentes de actuacións.

Prazo de inscrición: desde o 17 de marzo ata o 3 de abril, a través do seguinte enlace ou código QR:

Comparte nas túas redes