Presentación estela restaurada de Cerecius

Temática: Arqueoloxía
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: 31/10/2023
ás 17:00h.
Formato: Presencial
Este martes día 31 de outubro ás 17:00h da tarde presentarase no Museo Provincial de Lugo a estela restaurada de Cerecius.
Realizarase unha mesa redonda que contará coa participación de Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo; Enrique Alcorta, Arqueólogo do Museo Provincial de Lugo; e Marta Díaz, persoa encargada de restaurar a estela.
Tamén che pode interesar
A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos
A exposición A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX no Museo Provincial de Lugo explora a importancia histórica da industria da cera en Galicia, destacando a relación das comunidades rurais coas abellas e os vestixios deste patrimonio apícola.


