Presentadas as mochilas multisensoriais neuro diverxentes da RMPL

Este luns día 25 a deputada delegada da Área de Cultura Iria Castro, Inés Flores (presidenta de Raiolas Lugo) e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo presentaron no Museo Provincial de Lugo un novo recurso, ás mochilas multisensoríais neurodiverxentes da Rede Museística Provincial de Lugo.

Este proxecto entra dentro da campaña de apoio e visibilización á neurodiversidade e forma parte das accións programadas polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo o 2 de abril.

Nelas podemos atopar material que pode servir de apoio nas visitas de persoas neurodiverxentes a calquera dos museo da Rede, xa que todos os museos da Rede Museística Provincial contarán con varias destas mochilas. Para a elaboración das mesmas contouse co apoio de Raiolas Lugo na selección do material que conteñen e que se pode apreciar nas fotos da galería.

Con este proxecto complementamos un pouco máis o material co que contan as persoas neurodiverxentes para o seu pleno goce de todos os museos da Rede, fieis ao noso compromiso coa plena inclusión.

Galería có material das mochilas

Comparte nas túas redes