Presentación do concurso Cousas do Retorno
Coa finalidade de (re)descubrir a identidade, historia e cultura de Galicia desde a perspectiva do emigrante, AJERGA (Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia) e a Asociación Rioplatenses de Lugo lanzan unha nova edición do seu concurso de arte Cousas do Retorno. Desde os seus inicios, este certame inspirou a máis de 60 artistas a plasmar relatos, ilustracións e curtas que reflicten a idiosincrasia galega. Este ano, baixo o lema “Ser Migrante”, búscase destacar proxectos artísticos que exploren a experiencia migrante actual.
O obxectivo do concurso é fomentar a creación artística que reflexione sobre o significado de ser migrante hoxe en día, utilizando a transdisciplinariedade como ferramenta de transformación social e xeración de conciencia.
O certame presentouse o pasado 16 de novembro na sala de exposicións da Deputación de Lugo, nunha xornada na que, ademais de dar a coñecer o concurso, realizáronse actividades para vincular a migrantes coa súa historia a través da arte, culminando cunha visita ao casco histórico da cidade.
Para máis información sobre as bases do concurso, prazos de inscrición e requisitos, visita as canles oficiais de AJERGA.