Presenza do MPL na exposición “Maruja Mallo. Máscara y compás”

O Museo Provincial de Lugo participa na exposición “Maruja Mallo. Máscara y compás”, organizada polo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, mediante o préstamo de cinco obras da artista lucense. Esta mostra foi inaugurada o pasado 7 de outubro, contando coa asistencia da directora do MPL, Aurelia Balseiro, e poderá visitarse ata o 16 de marzo de 2026.
Coincidindo coa cesión das obras de Maruja Mallo, o MNCARS depositou temporalmente no MPL tres pinturas datadas no primeiro terzo do século XX: Jesús, Marta y María, de Julia Minguillón; Humos helados / Paisaje abstracto, de Benjamín Palencia e Florero, de Victoria Malinowska, que se expoñen na sala 14 dialogando coas obras de Castelao, de Colmeiro e da propia Maruja Mallo.


