Programa conmemorativo “75 cabodano de Castelao. 1950-2025” no MPL.

O 7 de xaneiro de 2025 cúmprense 75 anos da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, político, escritor e artista plástico cuxa obra foi declarada como Ben de Interese Cultural Inmaterial en 2011 (Decreto 249/2011). O Museo Provincial de Lugo conta cun espazo monográfico (sala 25) dedicado á súa figura, na que se expoñen un total de 30 obras entre debuxos, gravados e acuarelas; así como dous óleos que se exhiben na sala 14 da sección de Arte galega. Así pois, co gallo do 75 aniversario do pasamento do artista, presentamos a seguinte programación de actividades e actuacións no Museo Provincial de Lugo.