Prórroga da exposición “O vestiario das almas pintadas”

Debido ao éxito de público da mostra “O vestiario das almas pintadas: a indumentaria galega nas obras costumistas”, a Rede Museística Provincial de Lugo decidiu ampliar o período de exhibición ata o vindeiro día 16. Esta prórroga permite responder ao grande interese social e garantir quetodo o mundo poida seguir desfrutando desta posta en valor do noso patrimonio etnográfico. Unha vez finalizada a súa estancia física nos nosos museos, a exposición manterase viva e accesible para todo o mundo a través dunha visita inmersiva na nosa web, integrándose así na oferta cultural dixital de referencia da nosa institución.

Visita inmersiva

Comparte nas túas redes