“No se oye”

“O esquecemento está cheo de memoria” – M. Benedetti

Trátase da proxección e coloquio do documental "No Se Oye", dentro do programa Cousas Nosas. Historias soterradas da RMPL, coordinado por Encarna Lago González. O cartel presenta tres fotografías en branco e negro enmarcadas en círculos: unha persoa gravando, outra diante dunha cámara e unha terceira diante dun micrófono. No cartel indícase: Data: 5 de xuño ás 18:30 h Lugar: Museo Provincial de Lugo Interveñen: Élida Edrosa e Amelia García (protagonistas do documental), Sabela Freire e Mario Pereira (realizadores) Modera: Israel Barrera Ares A produción e dirección corre a cargo dun equipo formado por Claudia Díaz, Sabela Freire, Sergio Louzao, Mario Pereira, entre outros. Inclúe os logotipos da Rede Museística Provincial de Lugo, Deputación de Lugo e o programa Cousas Nosas. Estética en tons sepia, cun deseño que lembra os carteis antigos.

O vindeiro 5 de xuño ás 18:30 h, o Museo Provincial de Lugo acollerá a proxección do documental “No Se Oye”, seguida dunha charla-coloquio coas persoas protagonistas e realizadoras da peza audiovisual.

O documental, elaborado por alumnado da Fundación TIC de Lugo, recolle a impactante testemuña de dúas mulleres vítimas dunha aparente trama de sustracción de bebés nas casas de maternidade da cidade de Lugo durante a década de 1960. Trátase dunha peza que dá voz a historias silenciadas durante décadas e que nos convida a reflexionar sobre a memoria, a xustiza e a reparación.

A actividade enmárcase dentro do programa Cousas Nosas. Historias Soterradas da RMPL, coordinado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Este programa aposta pola recuperación e visibilización das memorias esquecidas ou silenciadas, a través da cultura e da participación comunitaria.

A entrada é libre ata completar aforo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes