Proxección externa da colección de ourivería antiga do MPL

29, 30 e 31 de outubro.
Aurelia Balseiro, directora do MPL, e Xosé-Lois Armada, científico titular no Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC), impartirán a conferencia “La orfebrería antigua en el Museo Provincial de Lugo: estrategias de adquisición, custodia, estudio y difusión en Galicia” no congreso “El oro antiguo en el noroeste de la Península Ibérica: Minería y orfebrería”, que terá lugar os días 29, 30 e 31 de outubro no Museo Arqueolóxico de Asturias.
Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a estas xornadas, en modalidade presencial ou en liña, a través do enderezo electrónico: proyectoberiso@gmail.com