(RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?

Rede Museística Provincial

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: Durante o 2023

Formato: Presencial

O proxecto xeral visibiliza, analiza e reflexionará sobre os contidos directos e indirectos relacionados coa posición das artistas tanto no mundo creativo como nas institucións ou entidades tradicionais que as representan corporativamente.

Porén, teremos uns obxectivos xerais do proxecto, que abrangue varias exposicións temporais na RMP, e outros específicos das exposicións individuais a desenvolver ao longo do ano 2023.

Obxectivos xerais:

-Contribuír á investigación artística e aos estudos de xénero

-Eliminación de estereotipos en base ao recoñecemento e visualización de erros pasados

-Lexitimación das mulleres artista galegas do s. XX.

-Fomentar un debate aberto, plural e inclusivo desde a igualdade.

-Recoñecemento das creadoras descoñecidas ou invisibilizadas e apoio das novas narrativas femininas.

-Difusión da produción artística destas mulleres e exposición da súa obra.

-Recoñecer as pasadas eivas e apoiar os discursos críticos  positivos.

-Coñecer as dificultades de profesionalización das artistas en épocas  pasadas e no presente.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes