“RE”coñecer

Concetta Montenegro e Luisa Paz

Público:  Maiores

Esta proposta forma parte de: 278,81 % de sabedoría

Cando: Dende o 28/08/2023

Formato: Presencial

O martes, 29 de agosto, arrinca o programa “278,81%” e faino coa inauguración ás 12:00 na Sala de Exposicións da Deputación Provincial, da mostra “Re”coñecer, que incorpora Recendos de Concetta Montenegro e Abstracción Lírica de Luisa Paz. Dúas irmás xubiladas que pintan desde nenas e sempre compatibilizaron seu traballo coa formación en pintura. A exposición quere recoñecer esas vidas de traballo e de formación.

Despois da inauguración presentarase un novo capítulo de “Historias soterradas: Ronsel de futuro”, a web serie da Rede Museística Provincial de Lugo e Señor López Producións. “A mirada dos sentidos” é o título do capítulo. Ao día seguinte, o 30 de agosto, presentarase no Museo Provincial do Mar, “As mulleres do mar”. Námbolos dous capítulos a sabedoría das vidas vividas guían a Braulio, o protagonista da serie.

Tamén dentro do Programa “278,81%” o Museo Provincial do Mar acollerá o día 30 unha xornada de convivencia e festa na que participarán integrantes do club senior do Museo do Mar coa rapazada que estivo participando nas actividades de verán do Museo. Séguese así a filosofía da RMPL de tecer redes coas distintas comunidades desde os Museos.

Galería

Historias soterradas: Ronsel de futuro: Cap. 07 A mirada dos sentidos

Historias soterradas: Ronsel de futuro: Cap. 08: As mulleres do mar

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

“RE”coñecer

Dentro do programa 278,81% de envellecemento sabedoría a RMPL presenta a mostra Recoñecer, que incorpora Recendos de Concetta Montenegro e Abstracción Lírica de Luisa Paz

Comparte nas túas redes