(RE)CONEXIÓN

Esta acción/programa forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve:  Museo provincial do Mar

Dende o 20/12/2022
De 16:30 pm

Presencial

Esta peza documental recolle a historia de vida de seis mulleres ao longo da provincia: dende a Mariña Lucense, pasando pola Terra Chá e a Ribeira Sacra, e ata os Ancares. As gravacións foron realizadas nuns obradoiros audiovisuais que Neocultivo Cultural impartiu dentro da Rede Museística Provincial de Lugo.

Nestas xornadas a mocidade de cada territorio entrevistou ás súas veciñas para coñecer o seu relato e conseguir que este perdure no tempo. O obxectivo deste proxecto é dar visibilidade aos testemuños de varias das bibliotecas vivas do rural lugués, fomentar valores positivos entre a xente moza e reavivar os lazos interxeracionais en cada comunidade.

Deste xeito, durante vinte minutos coñeceremos a Sagrario, Lidia, Dominica, Eladina, Maruja e Esther, as cales nos contan moitas das peripecias polas que transcorreu a súa vida en comparación coa realidade da que goza a mocidade actual.

Galería

Video

Tamén lle pode interesar

  • Contos e cantos da baleanorte, con ugia pedreira e lidia luna no museo provincial do mar o 8 de xullo de 2023

Contos e cantos da Baleanorte

Lidia e Ugia propoñen un ferrado de oralidade, unha conversación tecida con cantos e contos entre elas e o público no Museo Provincial do Mar o dia 8 de Xullo ás 12:00 da mañá

Comparte nas túas redes