(RE)CONEXIÓN

Esta acción/programa forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve:  Museo provincial do Mar

Dende o 20/12/2022
De 16:30 pm

Presencial

Esta peza documental recolle a historia de vida de seis mulleres ao longo da provincia: dende a Mariña Lucense, pasando pola Terra Chá e a Ribeira Sacra, e ata os Ancares. As gravacións foron realizadas nuns obradoiros audiovisuais que Neocultivo Cultural impartiu dentro da Rede Museística Provincial de Lugo.

Nestas xornadas a mocidade de cada territorio entrevistou ás súas veciñas para coñecer o seu relato e conseguir que este perdure no tempo. O obxectivo deste proxecto é dar visibilidade aos testemuños de varias das bibliotecas vivas do rural lugués, fomentar valores positivos entre a xente moza e reavivar os lazos interxeracionais en cada comunidade.

Deste xeito, durante vinte minutos coñeceremos a Sagrario, Lidia, Dominica, Eladina, Maruja e Esther, as cales nos contan moitas das peripecias polas que transcorreu a súa vida en comparación coa realidade da que goza a mocidade actual.

Galería

Video

Tamén lle pode interesar

  • nova arte galego - portuguesa, o neotenebrismo. Cravos coma toxos.

Cravos coma Toxos

Nova arte galego - portuguesa, o neotenebrismo. Porque é das tebras, do negro negrísimo de onde xorde o sublime.Cravos coma toxos trátase dunha exposición que reúne a 10 artistas de ámbolos dous países, de terras asoballadas, de xentes sufridoras.

Comparte nas túas redes