O (re)encontro
O (re)encontro
Estudio Aberto

Estudio Aberto
Pazo de San Marcos
dende o 08/08/2025 ata o 14/09/2025
O Pazo de San Marcos acolleu o acto de inauguración da exposición “O (re)encontro”, a mostra coa que culmina o proxecto “Estudio Aberto” da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL). O evento serviu para dar apertura oficial á exposición, que xa pode ser visitada polo público ata o 14 de setembro..
Durante o acto de inauguración interviñeron o músico Davide Salgado e o poeta sirio-palestino Mohamad Bitari. Salgado realizou unha actuación musical e Bitari recitou unha selección dos seus poemas.
A exposición “O (re)encontro” está composta polos resultados da residencia artística que levaron a cabo no Pazo de Tor os creadores Mónica Trastoy, Ana Arregui, Miguel Benjumea e Luciana Rago. Así mesmo, inclúe unha selección de pezas dunha vintena de artistas galegos que participaron en anteriores edicións de “Estudio Aberto”: Ruth Montiel Arias, Neves Seara, Christian Villamide, Xosé Reigosa, Basilisa Fiestras, Reme Remedios, Lomarti, Roi Domínguez, David Fidalgo, Mar Ramón, Román Corbato, Félix Carpio, María Xosé Domínguez, Nuria Ruibal, Isabel Alonso, Gema López, Melania Freire, Bibi Martín, José Manuel Vidal, Senén Olano, Paz Vicente, Marcela Mastroiani.


























