Regreso ao Museo Provincial de Lugo de dúas obras de Maruja Mallo

Este mércores 10 de abril retornaron ao Museo Provincial de Lugo dous retratos femininos de Maruja Mallo que se atopaban en préstamo na exposición “Al Bies. Las artistas y el diseño en la vanguardia”, celebrada no Museo Nacional de las Artes Decorativas entre o 20 de novembro de 2023 e o 31 de marzo de 2024.
Desde hoxe volven estar expostos na súa sala habitual, a sala 14 do MPL.
Tamén che pode interesar
Día da Ilustración 2024, Chichi Campos
Dende a Biblioteca do Museo Provincial de Lugo tratamos de contribuír a dar visibilidade e recoñecemento a Chichi Campos neste día 30 de xaneiro no que é homenaxeado no Día da Ilustración


