Regreso ao Museo Provincial de Lugo de dúas obras de Maruja Mallo

Este mércores 10 de abril retornaron ao Museo Provincial de Lugo dous retratos femininos de Maruja Mallo que se atopaban en préstamo na exposición “Al Bies. Las artistas y el diseño en la vanguardia”, celebrada no Museo Nacional de las Artes Decorativas entre o 20 de novembro de 2023 e o 31 de marzo de 2024.
Desde hoxe volven estar expostos na súa sala habitual, a sala 14 do MPL.
Tamén che pode interesar
A Vicepresidencia da Deputación renovará a exposición numismática do MPL para enxalzar o sestercio da caetra
A intervención desenvolverase a comezos do vindeiro ano, culminando o traballo desenvolvido pola área de Cultura para incorporar ao patrimonio lucense esta peza única.


