Renovación da fornela do refectorio do MPL

Novidade museográfica

O Museo Provincial de Lugo acaba de renovar a fornela do refectorio para crear unha “vitrina cero” con textos e imaxes explicativas sobre a súa evolución edilicia e institucional.

Con esta intervención déuselle utilidade museográfica a un espazo preexistente que estaba sen uso, incorporando un panel divulgativo retroiluminado no que se detalla a orixe do MPL, unha liña do tempo que recolle os fitos máis relevantes da súa historia e un conxunto de imaxes antigas do edificio museal.

Comparte nas túas redes