Sempre en Galiza (1934-1944)

programacion completa da rmpl para este ano de castelao

O vindeiro xoves 16 de xaneiro, ás 19:00h, terá lugar a inaugruación da exposición Sempre en Galiza (1934-1944), unha produción de Merlín Comunicación e Editorial Galaxia para a Deputación Provincial de Lugo. Deseñada e maquetada por Hayat Husein e impresa por CdeCe, esta mostra está comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. Conta, ademais, coas colaboracións da Fundación Penzol e da Cátedra Castelao da USC.

Forma parte do programa conmemorativo “75 cabodano de Castelao (1950-2025)” do Museo Provincial de Lugo e poderá visitarse ata o 30 de marzo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes