SUBTERRÁNEA

Visibilizando as Artistas Silenciadas

O Museo Provincial de Lugo acollerá a representación de “Subterránea” , unha peza escénica de Mónica Sueiro que nace co obxectivo de reivindicar e visibilizar a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia.

A cita terá lugar o 5 de decembro ás 16:30 h no Museo Provincial de Lugo.

Esta proposta de creación e interpretación de Mónica Sueiro dá voz a grandes creadoras que, a pesar de acadar recoñecemento na súa época, remataron no ostracismo e foron afastadas dos manuais de historia da arte. Para moita xente, estas mulleres habitan nun territorio invisible.

A artista subterránea fala en primeira persoa dando voz a grandes creadoras como: Sofonisba Anguissola, Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Berthe Morisot, Hilma Af Klint, Maruja Mallo, Julia Minguillón, entre outras. Mulleres que a través das súas creacións, loitaron, resistiron e reivindicaron a súa presenza.

A través da arte, a peza busca sensibilizar e crear unha actitude crítica ante a invisibilización e as diferentes violencias. O público está convidado a formar parte da acción, participando na creación dun mural colectivo a través da técnica dos “cadáveres exquisitos”.

 A peza ten unha duración de 60 minutos e está dirixida a público a partir de 14 anos.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes