A Tabula Hospitalis no catálogo da exposición “Hospitalitas”
da Fundación Las Edades del Hombre
A Fundación las Edades del Hombre vén de publicar o catálogo da exposición “Hospitalitas. A graza do encontro / La gracia del encuentro”, coordinado por Jesús María Parrado del Olmo e Miguel Ángel González García.
Inclúe un artigo de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, no que se analiza a Tabula Hospitalis do Courel; peza que foi prestada para a devandita mostra e exposta na Colexiata de Santa María de Villafranca del Bierzo.