Tan coma ti.
Mostra fotográfica sobre a realidade actual das persoas coa síndrome de Down.

Dende o 21/03/2025
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, o 21 de marzo, ás 11:30 h, inaugúrase no Museo Provincial de Lugo coa lectura dun manifesto, a exposición fotográfica “Tan coma ti”, organizada pola Asociación Down Lugo en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística Provincial.
Esta mostra busca achegar á cidadanía a realidade actual das persoas coa síndrome de Down, rompendo mitos e prexuízos. A través desta colección de imaxes, Down Lugo pretende ofrecer unha visión máis próxima e realista da vida destas persoas, resaltando as súas capacidades, logros e a súa plena inclusión na sociedade.