“Tecendo Redes: Migración, Arte e Lugo”
“Tecendo Redes: Migración, Arte e Lugo”
Exposición

Vello Cárcere
Dende o 04 ao 28/12/2025
O proxecto “Tecendo Redes: Migración, Arte e Lugo” é unha iniciativa que sitúa a arte como linguaxe intercultural e ferramenta de cohesión social. Esta proposta encádrase dentro do programa da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) “COUSAS NOSAS: Dereitos culturais en acción. A educación e a cultura de paz”, buscando consolidar Lugo como un espazo de convivencia, creatividade e reflexión colectiva. O proxecto promove o encontro entre comunidades diversas, visibilizando as experiencias migratorias e fomentando redes de diálogo, integración e respecto.
A exposición principal estará aberta do 4 ao 28 de decembro de 2025 e situarase nas oito celas da segunda planta do Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo. A súa inauguración oficial terá lugar o xoves, 4 de decembro, ás 19:00 h no Vello Cárcere. Nela participan sete artistas de diversas procedencias, como Arxentina, Cuba, México, Venezuela, Turquía e Rusia. A través de obras que abordan a migración desde múltiples perspectivas, a mostra convida a reflexionar sobre as mobilidades humanas, as identidades diversas e os vínculos que tecen as nosas historias migrantes, visibilizando experiencias de perda, adaptación, memoria e esperanza. O obxectivo é promover a creación de comunidades inclusivas e visibilizar as identidades en tránsito , onde a arte actúa como un verdadeiro tecido social que une, inspira e transforma


