Tecendo redes

Migración, Arte e Lugo

Esta proposta forma parte de: DIM 2026

Cenima, Foz

Dende o 12/05/2026

A Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, a través do Museo da Migración da Rede Museística, en colaboración coa Asociación Rioplatense de Lugo, presentarán o próximo martes 12 de maio ás 11:00 horas no CENIMA de Foz un total de once propostas artísticas vinculadas á creación contemporánea, á memoria migrante e ao diálogo intercultural.

A programación estará integrada por nove propostas plásticas protagonizadas por artistas de diferentes países , disciplinas e contextos culturais, ás que se suman unha proposta musical a cargo de Henry Vidal García e unha proposta poético-literaria performativa desenvolvida por Simón Rodríguez O Galego de Caracas. O conxunto conforma un proxecto multidisciplinar que pon en valor a diversidade, o intercambio e as conexións entre territorios e comunidades.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Tecendo Redes: Migración, Arte e Lugo”, un proxecto comisariado por Ana María Bereciartúa Gasperini, Leonardo Ezequiel Casado, Encarna Lago González e Daniel Manuel Vázquez Vila. A proposta afonda nas relacións entre arte e migración como ferramentas de encontro, reflexión e construción colectiva, reunindo creadoras e creadores de distintas procedencias para favorecer espazos de participación, convivencia e diálogo arredor das experiencias migratorias.

A presentación en Foz servirá para dar a coñecer o conxunto das intervencións e actividades que formarán parte desta programación cultural colaborativa.
Pola tarde estarán no Museo Provincial do Mar un dos catro museos da RMPL.

Comparte nas túas redes