Un ronsel de futuro, historias soterradas
a webserie documental da Rede Museística presentada pola provincia.
Temática: Identidade, memoria e territorio
Público: Comunidade educativa
Esta proposta forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Provincia de Lugo
Señor López Producións presenta pola provincia de Lugo Un ronsel de futuro, historias soterradas, a webserie documental da Rede Museística.
Logo de estar en Bos Aires, o proxecto cinematográfico de nove capítulos chegará a Antas de Ulla, Outeiro, Barreiros, Sarria, O Courel, Lugo e moitas outras localidades.
Un ronsel de futuro trata de achegar, através do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, pertencentes á Deputación de Lugo. O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio. Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio.
O Señor López, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, levan a cabo este proxecto no que participan a propia xerente da institución Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e importantes persoas da nosa sociedade como Pilar Yáñez ou Mónica Álvarez, contando coa colaboración do Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas. A webserie viaxou a diferentes localizacións da provincia de Lugo como O Cebreiro, Foz ou Samos así como os propios museos: o Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial de Lugo e Museo do Mar.
Logo de presentar o proxecto nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, presentaremos a webserie documental cun formato espectáculo ao longo das diferentes comarcas da provincia de Lugo. Deste xeito, este domingo, visitaremos a Casa da Cultura de Antas de Ulla ás 17:00 horas. Ao mesmo tempo xa podemos anunciar que o vindeiro domingo 26 de novembro estaremos en Outeiro de Rei na Casa Museo Manuel María ás 12:30 horas. Posteriormente estaremos en Barreiros, O Courel, Sarria, Meira, Lugo e outras localidades da provincia.
Aquí podes ver a Webserie
Galería
Tamén che pode interesar
Presentación de“Soterradas, vidas e historias na busca dun contexto de xustiza social.
Presentación do novo proxecto museolóxico-museográfico de San Paio de Narla “Soterradas, vidas e historias na