VENVER
Vantaxes do traballo colaborativo
Hoxe, a Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) participa en VENVER, na Xornada Rede Rema: “Vantaxes do Traballo Colaborativo“. En concreto, a xerente da RMPL, Encarna Lago González, participará ao longo de todo o día cunha dinámica de traballo destinada a identificar potencialidades e retos para a creación dunha rede de traballo colaborativo entre os museos da Rede Rema.
Posteriormente, Encarna Lago González tamén dirixirá o debate-coloquio “Como aplicar a accesibilidade e o enfoque de xénero aos nosos museos“. Esta sesión busca fomentar a inclusión e a igualdade de xénero nos museos, promovendo espazos culturais máis accesibles e representativos para todas as persoas.