VI Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense:
A moeda en Galicia desde a caetra ata o euro.

Temática: Educación e mediación
Onde se desenvolve:
Salón de Actos da Deputación de Lugo
Cando: 14/04/2023 e 15/04/2023
Formato: Presencial e en liña
A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.
O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.
Con estas xornadas monográficas preténdese difundir a importancia da historia monetaria no conxunto dos estudos e investigacións do noso pasado, contribuíndo a sinalar a súa importancia e poñendo en valor o significado e simbolismos duns obxectos que, perdido o seu valor fiduciario, seguen a ser fontes de información transcendentais.
Interpretar as moedas no contexto das culturas e períodos históricos do Noroeste peninsular desde a Antigüidade ata os nosos días, contribuirá a visualizar que son pezas especialmente relevantes para o estudo da economía, sociedade, relixión, política, iconografía ou da arte. Polo tanto, o programa amosado non só está dirixido á comunidade científica senón tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes, guías turísticos,…etc.
O marco temporal intenta abarcar unha visión histórica global para apreciar as circunstancias da introdución da moeda na antiga Gallaecia e o seu desenvolvemento posterior.
Prazas: 120 presenciais, variable en función do aforo.
Inscrición: obrigatoria a inscrición previa gratuíta por rigorosa orde de entrada.
Deberá remitir presencial ou telematicamente este formulario de inscrición debidamente cuberto ao Rexistro Xeral da Deputación de Lugo. Coa confirmación da inscrición enviáraselle un link/enlace para participar en liña na xornada.
»Formulario de inscrición (galego)
»Formulario de inscripción (castellano)
Enviarase diploma acreditativo de asistencia (16 horas lectivas). Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Tamén che pode interesar
Ciclo de conferencias “Tempo de arte. Obras de museo II”
"Tempo de arte. Obras de museo II" Ciclo de conferencias