“Pelúdez nos fondos arquivísticos do Museo Provincial de Lugo”
Visitas técnicas guiadas.

O Museo Provincial de Lugo ofrece visitas técnicas guiadas á exposición temporal “Pelúdez nos fondos arquivísticos do Museo Provincial de Lugo” desde o día 15 ata o 25 de outubro, data na que remata a mostra. Esta actividade levarase a cabo de martes a venres ás 11:30 h, con asistencia libre ata completar o aforo de 25 persoas establecido para a sala.
Tamén se ofertan visitas para grupos pechados de mínimo 5 persoas e máximo 25, que se realizarán de martes a venres dentro do horario de apertura do museo pola mañá, con previa reserva en direccion@museolugo.org /982242112.