Vizoso-Verne: fantasías abisales
Vizoso-Verne: fantasías abisales
alumnado do IES San Rosendo (Mondoñedo)

Verne espértanos á fantasía de mundos imposibles e descoñecidos, ao igual que Vizoso deseñou e lle deu forma aos mitos e ao imaxinario que envolve a memoria mariñá. Nesta liña, o alumnado do IES San Rosendo mergúllase nas profundidades da imaxinación para dar vida a esas criaturas ocultas aos nosos ollos, pero sempre presentes no noso universo fantástico.
A exposición “Vizoso-Verne: Fantasías abisais” recolle bestiarios modelados en barro e unha reinterpretación das portadas máis senlleiras de Jules Verne, vistas dende a frescura e creatividade da mocidade.
A inauguración terá lugar o venres 20 de xuño ás 12:00 h no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Un convite a explorar o mar, o mito e a fantasía a través da arte e da mirada xuvenil.