A RMPL no podcast “Que din os rumorosos… arroutadas da historia de Galicia”
Os museos son espazos que van máis aló da simple conservación de obxectos; nelas resoan voces do pasado e do presente, evocando momentos que poden ser felices ou, ás veces, non tan felices. Esta capacidade de provocar emocións intensas é a esencia da nova xeira de episodios do podcast “Que din os rumorosos, arroutadas da historia de Galicia”, o programa de radio de www.historiadegalicia.gal e www.rutasdehistoria.gal, que ten como protagonista á Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL).
No primeiro episodio, Iria Castro, deputada delegada da Área de Cultura de Deputación de Lugo e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, ofrecen unha análise dos principais desafíos que afronta a institución e das liñas estratéxicas para o futuro. A conversa aborda temas como as exposicións temporais, as actividades didácticas e as accións para atraer un público máis amplo e diverso, tanto a nivel local como internacional. O episodio pon de relevo a vocación da RMPL de seguir sendo un referente no eido cultural, mediante unha constante adaptación e innovación.
O último episodio centra a súa atención no obradoiro en tempo presente que tivo lugar no mes de setembro no Pazo de Tor. Neste contexto, Leonardo Casado, Ruth Sousa e Sergio Lago comparten a súa experiencia e visión sobre esta iniciativa, que promove a interacción entre o patrimonio histórico e a creación artística contemporánea. O obradoiro reforza a idea do museo como un espazo vivo e dinámico, onde a comunidade participa activamente na construción de significados e narrativas culturais.