II Xornada adicada á vixencia de Castelao na arte e no pensamento galego
II Xornada adicada á vixencia de Castelao na arte e no pensamento galego

O vindeiro venres 28 de febreiro terá lugar no Museo Provincial de Lugo a “II Xornada adicada á vixencia de Castelao na arte e no pensamento galego”, coordinada por María Pilar García Negro e Aurelia Balseiro García. Esta actividade foma parte da programación conmemorativa do MPL polo 75 cabodano de Castelao e contará cos relatorios de María Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Miguel Anxo Seixas, Iria-Friné Rivera, Mª Victoria Carballo-Calero e Diana Vilas Meis.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.