278,81% de envellecemento sabedoría

Subtítulo

A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística Provincial presenta un novo programa “278,81% de envellecemento sabedoría.” Por cada 100 mozos menores de 16 anos, a provincia de Lugo alberga a 278 adultos maiores de 64 anos. Desde a RMPL a través do club senior búscase con este proxecto cambiar miradas e poñer en valor o que temos. “278,81%”, esta porcentaxe convídanos a deternos e mirar cara atrás, cara ás raíces que nos sosteñen e enriquecen ao longo dos anos. Queremos homenaxear esa acumulación de vivencias, coñecementos e experiencias que forxaron o tecido social desta provincia”, reivindica a xerente da RMPL, Encarna Lago.

Esa vellez que a sociedade actual olvida como se non todas as persoas camiñaramos cara ela, ponse desde a RMPL no lugar de honra que lle corresponde, “como tesouro de coñecementos acumulados, unha riqueza intanxible que merece ser valorada e compartida. Como bibliotecas vivas da nosa historia que teñen moito legado que deixarnos, a súa sabedoría, a súa experiencia”.

Esa porcentaxe sobre o envellecemento, é tamén a da riqueza que nos queda nos nosos maiores. E con ese “278,81%” a RMPL abre unha nova porta dentro do club senior para adentrarnos e dar a coñecer toda esa sabedoría que agochan as persoas que viviron xa grande parte da súa vida.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

“RE”coñecer

Dentro do programa 278,81% de envellecemento sabedoría a RMPL presenta a mostra Recoñecer, que incorpora Recendos de Concetta Montenegro e Abstracción Lírica de Luisa Paz

Comparte nas túas redes