Coñecer 25 anos de RMPL “PII”

Dando tempo ao tempo

A Rede Museística Provincial de Lugo estará presente na Xornada de formación sectorial do Servizo de Museos do Gobierno de Navarra que abordará a Museoloxía social como liña de traballo a sistematizar na práctica institucional museística. Esta metodoloxía de traballo é estratéxica na evolución do sector, ao dar protagonismo e capacidade ás persoas e comunidades patrimoniais nas que se integran os museos. Supón asumir na práctica a nova definición de Museo (ICOM 2023), os ODS e, as dimensións preferentes do recentemente aprobado Plan Nacional de Educación Patrimonial (2024) que pon ás persoas como centro do concepto de patrimonio e, ás comunidades patrimoniais como estruturas colectivas para abordar as cuestións identitarias. Finalmente, permite o cumprimento da lexislación cultual vixente que garante o acceso á cultura de todas as persoas e o respecto á diversidade cultural.

O Servizo de Museos da DGC-IPV presenta a experiencia da Rede Museística Provincial de Lugo como boa práctica desde o institucional e público no campo da museoloxía social polo desenvolvemento do Programa Institucional Inclusivo integral (PII)” . O PII entende o concepto de accesibilidade como un factor crave para a inclusión, reivindicando o «público» facendo accesibles tanto os espazos como os contidos dos museos públicos a toda a cidadanía. O obxectivo é cumprir a función social dos museos como institución pública. Esto é, que calquera persoa poida usalos e gozalos como usuaria ou como traballadores e, tendo ao tecido social e á comunidade como aliados cocreadores dos programas públicos.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes