Poximidade Llunyana

Itinerancia en Vilalba

A exposición “Proximidade Llunyana”, da A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), itinera a Vilalba dentro das XV Xornadas sobre Migracións Indianas, organizadas pola Liga Santaballesa.

O acto de inauguración terá lugar o vindeiro 20 de setembro ás 12:30 h en Vilalba e contará coa presenza da deputada delegada da Área de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago.

Esta mostra, que forma parte do recentemente inaugurado Museo da Migración da RMPL, afonda na memoria histórica e persoal da emigración, poñendo o foco nas historias das mulleres galegas que se viron na obriga de deixar a súa terra para comezar unha nova vida. A través de obxectos persoais, fotografías e relatos, a exposición conecta o pasado e o presente, e convida á reflexión sobre a experiencia migratoria.

A itinerancia de “Proximidade Llunyana” é unha das accións coas que a RMPL quere achegar o seu novo museo, un espazo dixital e participativo, á cidadanía. Cun enfoque na diversidade e a inclusión, o Museo da Migración busca ser un lugar de encontro, diálogo e educación para a empatía, desmontando prexuízos e recoñecendo a riqueza que achegan as migracións á nosa sociedade.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes