A lingua do futuro / O futuro da lingua

Exposición de Alba Díaz

Praza de San Marcos

Dende o 15/04/2026

O vindeiro 15 de abril a Praza de San Marcos acollerá a inauguración da exposición “A lingua do futuro / O futuro da lingua”, unha iniciativa que se inaugura coincidindo co Día Mundial da Arte para reflexionar sobre a realidade sociolingüística de Galicia a través da creación visual. Este proxecto fotográfico ponlle rostro a unha xeración de nenas, nenos e adolescentes galegos que medraron nun contexto de deterioración da lingua propia, o que derivou nunha situación de emerxencia lingüística. Malia terse criado baixo a vixencia do Decreto de Plurilingüismo no sistema educativo dende o ano 2010, as persoas retratadas manteñen o galego como a súa lingua materna e de uso maioritario, converténdose en protagonistas dunha resistencia cultural esencial.
A proposta articúlase de xeito orgánico mediante o uso do retrato fotográfico en branco e negro, que se funde co simbolismo de destacadas figuras da nosa música e literatura. A estética da mostra integra tamén palabras que nomean os afectos e a natureza propia do noso país, establecendo un paralelismo entre a perda do idioma e o cesamento da choiva como fenómenos que alteran a nosa esencia. Esta procura dos trazos elementais da identidade reivindica o respecto á diversidade e defende o galego como unha ferramenta imprescindible para vivir e nomear a nosa experiencia do mundo

Comparte nas túas redes