A noite dos encantos da Mariña
A noite dos encantos da Mariña
No Museo Provincial do Mar

É tempo de castañas e de volver ó museo a compartir compaña e aprendizaxes. Desta volta imos celebrar o tempo de Samaín, porta aberta ao cambio na terra e de trasego de espíritos. Se queredes vir ata o museo este sábado, 1 de novembro, prepararédesvos para “A noite dos encantos da Mariña”, un novo obradoiro no que saber máis do noso patrimonio inmaterial. Coma sempre, anotádevos a través deste mail (museodomar@museolugo.org), chamádenos por tfno. (982 59 45 72) ou vide ata aquí!. Agardamos por vós
“A noite dos encantos da Mariña”.
Neste obradoiro, viaxaremos no tempo para descubrir as raíces celtas do Samaín, alumeando o camiño da memoria, poñendo en valor a tradición celta do Samaín como parte do noso patrimonio cultural e fomentando a escoita activa e a transmisión oral de contos e lendas.
IDADES: de 6 a 12 anos
DATAS: sábado, 1 de novembro
HORARIO: de 11:30 a 13:00 h.
PRAZAS: 10


