Encontro Profesional sobre Educación

Fundación María José Jove

Hoxe, día 10 de maio, e dentro da programación específica da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL)  para o Día Internacional dos Museos (DIM) de 2024, a xerente da rede, Encarna Lago, participou no primeiro Encontro Profesional sobre Educación impulsado pola Fundación María José Jove na Coruña.

Co relatorio, “Investigación educativa e RMPL?Dando tempo ao tempo”, Encarna Lago profundou no lema proposto polo ICOM para este ano no DIM, “Museos pola educación e a investigación”, desde a perspectiva da RMPL ao longo de todos estes anos desde a súa fundación.

Para quen non puidese asistir á súa intervención compartimos nas ligazóns de interese o realtorio completo para descargar en formato PDF.

Comparte nas túas redes