A RMPL participou nas xornadas ‘Dones, museus i patrimoni’
No Museu d’Història de Catalunya.

Temática: Museoloxía social | Xéneros e igualdade |
Esta proposta forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Museu d’Història de Catalunya
Cando: 17/06/2024
Formato: Presencial
A Rede Museística Provincial de Lugo participou recentemente, 17 de xuño, nas xornadas ‘Dones, museus i patrimoni’ no Museu d’Història de Catalunya. Neste evento, a xerente Encarna Lago presentou o relatorio titulado “Soterradas, vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”, unha profunda análise que aborda a necesidade de visibilizar e reivindicar as historias e vidas de mulleres silenciadas ao longo da historia.
A xerente compartiu a súa visión e experiencia na xestión de museos inclusivos e comprometidos coa diversidade. A súa intervención centrouse na importancia de recuperar e difundir as historias daquelas mulleres que foron sistematicamente excluídas dos relatos históricos tradicionais. A través de “Soterradas, vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”, subliñouse a responsabilidade das institucións culturais na construción dunha memoria máis xusta e inclusiva.