A vida tralos labirintos mentais

e outras historias soterradas

Imaxe dun interno do psiquiátrico de Castro que esta mirando pola fiestra, pertencente a exposición Entre Marbella e Torremolinos de Xosé Reigosa.

Esta proposta forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

Cando: Dende o 15/02/2021
De 10:00am a 12:30am

Formato: Presencial

Hai ou houbo na túa familia alguén que sufrise algunha enfermidade mental?
Sabías que na actualidade Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior índice de suicidios?
Sabías que na provincia de Lugo houbo 15,6 suicidios por cada 100.000 habitantes en 2021?
Coñeces o día a día dunha persoa cunha enfermidade mental?
Que pasa? Que podemos facer?

Tras cuestionarnos que podiamos facer e tras un arduo traballo de investigación e de recuperación de coleccións, tanto do arquivo como doutras pezas do Pazo de Tor, así como de obxectos vinculados a proxectos artísticos sobre o psiquiátrico de Castro e a enfermidade mental, decidimos crear un centro de memoria contemporaneizada.

Soterradas: a vida tras os labirintos mentais é unha contribución para tratar de visibilizar a situación da saúde mental en Galicia actualmente, vendo a súa evolución desde o Antigo Réxime, a fin de que tomemos conciencia como sociedade de que todos temos algo que podemos achegar para buscar unha solución a este gran problema que consideramos a gran epidemia do século XXI.

As preguntas iniciais que nos fixemos son as mesmas que lle facemos a quen se achega a Soterradas: a vida tras os labirintos mentais. Actualmente case todo o mundo ten a alguén próximo que, en maior ou menor medida, sufriu algún tipo de trastorno mental e sentiron en moitos casos soidade ou estigmatización. As preguntas convídannos a coñecer unha realidade que é mais común do que podiamos imaxinar. Faino a través dunha liña do tempo que nos leva do Antigo Réxime até os nosos días a través dunha gran cantidade de documentación de arquivo e gráfica, e de varios proxectos anteriores da propia Rede Museística Provincial de Lugo.

A vida tralos labirintos mentais”, con texto de Lucía Piñeiro y Dánel Negro e unha escolma de citas literarias sobre os labirintos.

“Desmontando a Bentham”, Encarna Lago, xerente da Rede Museísica Provincial de Lugo.

Encarna Lago reflexiona sobre o modelo que representaba o Hospital de Conxo (Santiago de Compostela) e o modelo do Hospital de Vilapedre (Sarría) do doutor Ricardo Núñez, e como cambiou o modelo deste tipo de institucións a partir de 1985 co “Informe da Comisión Ministerial para a Reforma Psiquiátrica”. Todo como presentación do proxecto de Xosé Reigosa sobre o Hospital de San Rafael.

“Entre Marbella e Torremolinos”, Xosé Reigosa, fotógrafo

Proxecto fotográfico realizado por Xosé Reigosa nos ultimos días do Hospital de San Rafael en Castro Ribeiras de Lea (Lugo). Unha mirada ao día a día do mesmo e dos seus pacientes.

“Muller, artista e nai. A patoloxización do corpo e a mente das mulleres artistas a través do tempo”, Luz Darriba , artista e Micaela Fernández Darriba, xestora cultural.

Luz Darriba e Micaela Fernández Darriba poñen de manifesto neste proxecto a patoloxización do corpo e a mente dás mulleres artistas a través do tempo.

“Dous escritos sobre a felicidade”, Marcos Lorenzo, licenciado en Económicas e DEA en Antropoloxía.

Marcos Lorenzo realiza neste escrito unha análise profunda da felicidade nunha Galicia que pasou nun espazo de tempo moi curto dun modelo de sociedade en que a felicidade se reducía a ter as necesidades básicas cubertas a unha sociedade do benestar. Cun rico acervo de datos estatísticos que adiantan moitas das claves deste proxecto.

“Retallos dunha historia “manicomial”, Simón Vicente López, doutor en Hª da Arte.

Simón Vicente realizou unha recompilación, en diversos arquivos, de documentacion histórica, de planos e fotografías que nos dan un preciso contexo histórico da saúde mental dende o Antigo Réximen até os nosos días.

“Entolearte”,  VVAA

Macroproxecto artístico multidisciplinar que tivo como sede o edificio do Hospital Psiquiátrico San Rafael, no que durante varios días mais de cen artistas interviñeron en todo o espazo unha vez pechado o hospital.

Galería

Visita virtual

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes