“Acerca da Sibila”

Visitas técnicas guiadas á obra Sibila de Velázquez

No marco do proxecto “A arte que conecta”, iniciativa do Museo Nacional del Prado e Telefónica, o Museo Provincial de Lugo ofrece visitas técnicas guiadas de 20 minutos á obra “Sibila” de Velázquez.

Esta actividade está destinada a grupos de ESO, BACH e ensino superior; así como a outros colectivos cun mínimo de 10 persoas, sendo imprescindible concertación previa en función do horario, da dispoñibilidade e do aforo da sala.

Información e reserva en: direccion@museolugo.org / 982242112 indicando o número e idade dos participantes xunto co nome completo, teléfono e correo electrónico da persoa responsable.

Datas para o calendario de visitas: De martes 11 de xuño a venres 5 de xullo, en horario de mañá.

ACTUALIZACIÓN

Ante as numerosas solicitudes de visitas técnicas á “Sibila” que tiveron lugar estes días, o Museo Provincial de Lugo decidiu ofrecer, ademáis das visitas a grupos que se están realizando, unha serie de visitas fixas para que poidan acudir todas as persoas interesadas.

Serán os martes e os venres ás 12:30 h., con previa reserva en direccion@museolugo.org / 982242112 ata completar o aforo máximo de 25 persoas por visita.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes